Non contamineis o noso Camiño!
Esta petición vai dirixida ao Presidente da Xunta de Galicia, Consello da Xunta de Galicia, Goberno de España, Presidencia do Parlamento Europeo, UNESCO.
Esta es una petición de [% inititator_name %]
Petición
Pedimos que apoies esta campaña contra a reapertura da mina de Touro. Trátase dun proxecto de Cobre San Rafael, filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, que recentemente foi designado como Proxecto Industrial Estratéxico e que está situado nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña-Galicia-España), moi próximos ao Camiño Francés do Camiño de Santiago.
Por que é importante?
A reapertura da mina supón un grave impacto e risco para o Camiño Francés do Camiño de Santiago e outros elementos do patrimonio cultural, material e inmaterial, dos concellos afectados, segundo recolle un informe do ICOMOS - COMITÉ NACIONAL ESPAÑOL CONSELLO INTERNACIONAL DE MONUMENTOS E LUGARES -[1] causando importante preocupación, rexeitamento e alarma social.
Esta mina estaría a escasos metros do espazo protexido do Camiño Francés ao seu paso por Pedrouzo, o que se traduciría na perda dos valores tanxibles e inmateriais que fan desta última etapa, antes de entrar en Santiago de Compostela, un tramo singular.
O tráfico intenso xerado por camións, o movemento continuo nas proximidades ao longo do Camiño, a contaminación lumínica e a presenza de po e outros compoñentes volátiles no aire son outros moitos problemas que tamén poden afectar gravemente ás calidades ambientais dun espazo cultural que é a principal carta de presentación de Galicia para viaxeiros de todo o mundo.
Todo isto vai en contra da preservación da autenticidade e integridade física deste sitio Patrimonio da Humanidade que engloba un amplo contexto cultural, ambiental e paisaxístico. Hai que protexer os excepcionais valores universais que motivaron a súa inclusión pola UNESCO na súa Lista do Patrimonio Mundial.
Entre 1974 e 1986 esta mesma zona experimentou o que é ter unha mina. En apenas doce anos deixou media ducia de ríos contaminados permanentemente pola drenaxe ácida das minas, moitas terras agrícolas quedaron totalmente arrasadas e transformáronse en grandes ocos mineiros sen ningún tipo de restauración ambiental. Nestas terras nunca se puideron retomar as actividades agrícolas e numerosos mananciais, pozos e fontes de auga foron destruídos, inutilizados ou contaminados a perpetuidade.
Ademais de todo o anterior, este proxecto podería provocar graves danos na conca hidrográfica do río Ulla ata a sua desembocadura na Ría de Arousa pola contaminación con metais pesados. Son razóns fortes para impedir que este proxecto siga adiante.
Se tamén queres preservar a beleza xenuína destas terras, asina hoxe e axúdanos a parar esta atrocidade.
Referencias:
-
https://static.ecestaticos.com/file/a5d/322/516/a5d322516717dc4d598c1439fa478cf1.pdf
https://www.ficscaminodesantiago.com/actualidad/
https://minatouroopinonon.wordpress.com/
https://www.gronze.com/articulos/mina-touro-un-grave-atentado-contra-camino-frances-15649